OS NOSOS PRODUTOS
Ourizo de mar
- Español: Erizo de mar
- Galego: Ourizo de mar
- Portugués: Ouriço-do-mar
- Nome científico: Paracentrotus lividus
- Código FAO: URM
Equinodermo globoso cuberto de púas ríxidas de cor escura, que vive sobre fondos rochosos do Altántico nororiental en zonas pouco profundas e ben osixenadas. En ORMALUGA colléitase de xeito artesanal, tanto a pé como desde embarcación, mediante mergullo en apnea e ferramentas manuais, dentro de plans de explotación e cun estrito control estacional.
Percebe
- Español: Percebe
- Galego: Percebe
- Portugués: Percebe
- Nome científico: Pollicipes pollicipes
- Código FAO: PCB
Crustáceo cirrípedo que vive adherido a rochas batidas por fortes ondadas, característico da costa atlántica europea. En ORMALUGA captúrase de xeito manual e selectivo, tanto a pé como desde embarcación, en zonas intermareais e submareais, baixo unha estrita regulación debido ao seu alto valor económico e ao risco que supón a actividade.
Navalla
- Español: Navaja
- Galego: Navalla
- Portugués: Navalha
- Nome científico: Ensis siliqua
- Código FAO: EQK
Molusco bivalvo de cuncha alongada que vive enterrado en fondos arenosos do Atlántico nororiental. En ORMALUGA obtense mediante marisqueo artesanal, a pé ou desde embarcación, empregando técnicas tradicionais autorizadas e respectando tallas mínimas e períodos de veda.
Robaliza
- Español: Lubina
- Galego: Robaliza
- Portugués: Robalo
- Nome científico: Dicentrarchus labrax
- Código FAO: BSS
Peixe de corpo alongado e prateado, habitual en zonas costeiras, estuarios e desembocaduras de ríos do Atlántico oriental. En ORMALUGA é capturada pola frota artesanal, principalmente portuguesa, mediante artes menores selectivas como redes e anzois.
Polbo
- Español: Pulpo
- Galego: Polbo
- Portugués: Polvo
- Nome científico: Octopus vulgaris
- Código FAO: OCC
Cefalópodo de corpo brando e oito brazos, amplamente distribuído no Atlántico oriental. En ORMALUGA captúrase de xeito artesanal mediante nasas tradicionais, unha técnica selectiva e de baixo impacto moi vinculada á tradición pesqueira local.
Linguado
- Español: Lenguado
- Galego: Linguado
- Portugués: Linguado
- Nome científico: Solea solea
- Código FAO: SOL
Peixe plano de alto valor comercial que habita fondos arenosos e fangosos do Atlántico e do Mediterráneo. en ORMALUGA péscase con artes pasivas selectivas, respectando estritamente as tallas mínimas e os períodos de regulación.
Sargo
- Español: Sargo
- Gallego: Sargo
- Portugués: Sargo
- Nome científico: Diplodus sargus
- Código FAO: SWA
Peixe costeiro de corpo alto e cor prateada con franxas escuras, asociado a fondos rochosos e mixtos do Atlántico oriental. En ORMALUGA captúrase mediante pesca artesanal con artes menores selectivas, de baixo impacto ambiental.
Centola
- Español: Centolla
- Galego: Centola
- Portugués: Santola
- Nome científico: Maja brachydactyla
- Código FAO: JDV
Crustáceo de gran tamaño cunha casca espiñosa, atopado en fondos rochosos do Atlántico nordeste. En ORMALUGA, a súa captura é estacional e realízase con nasas, respectando vedas, tallas mínimas e criterios de sustentabilidade.
Os nosos produtores e produtoras tamén capturan…
Ademais destas especies principais, as persoas produtoras asociadas a ORMALUGA capturan e comercializan unha ampla diversidade de especies, reflexo dunha pesca artesanal, estacional e adaptada ao medio, que contribúe á sustentabilidade dos recursos e á estabilidade dos ecosistemas mariños.
Entre elas atópase o abadexo, a ameixa, a lura, o choco, o congro, a dourada, a faneca, o xurelo, a maragota, o mexillón, o mero, a nécora, o pargo, o rape, a raia, o rodaballo, o salmonete, o sapo, a sepia e a xarda, e outras especies propias da pesca costeira artesanal.