PLANS DE PRODUCIÓN E COMERCIALIZACIÓN

ORMALUGA – OPP98

A Organización de Mariñeiras/os Luso-Galaica ORMALUGA desenvolve a súa actividade conforme a un Plan de Produción e Comercialización (PPeC), instrumento fundamental das Organizacións de Produtores Pesqueiros para ordenar a actividade extractiva, mellorar a comercialización e garantizar a sustentabilidade económica, social e ambiental do sector.

7

PPeC 2025-2026

O PPeC 2025–2026 de ORMALUGA establece as liñas estratéxicas que guían a actividade da organización e dos seus produtores e produtoras durante este período, en coherencia coa normativa europea e estatal vixente.

O PPeC 2025–2026 artículase en torno ás seguintes liñas de actuación:

  1. Planificación da produción, tendo en conta a estacionalidade das especies e a capacidade produtiva da frota e do marisqueo.
  2. Mellora da comercialización, impulsando unha maior organización da oferta e unha mellor adaptación á demanda.
  3. Seguimento e control de capturas, garantindo o cumprimento de tallas mínimas, vedas e normativa vixente.
  4. Valorización do produto, priorizando a calidade, a orixe e a pesca artesanal fronte ao incremento de volume.
  5. Coordinación entre produtores, fomentando a toma de decisións colectiva e a gestión compartida.
  6. Colaboración con administracións e organismos científicos para mellorar o coñecemento dos recursos.
  7. Formación e asesoramento aos produtores e produtoras en materia de produción, comercialización e normativa.