Organización de Mariñeiras/os Luso-Galaica ORMALUGA é unha Organización de Produtores Pesqueiros (OPP) de ámbito transnacional, integrada por profesionais da pesca artesanal e do marisqueo do sur de Galicia e do norte de Portugal.

ORMALUGA nace co obxectivo de organizar, representar e defender os intereses dos seus produtores e produtoras, promovendo un modelo de pesca sustentable, responsable e ligado ao territorio.

A organización está formada por 29 embarcacións con pavillón español, 4 embarcacións con pavillón portugués32 mariscadoras e mariscadores a pé, todos eles vencellados á pesca costeira artesanal e a técnicas selectivas de baixo impacto ambiental.

En outubro de 2025, a Dirección General de Ordenación Pesquera y Acuicultura do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación concedeu a ORMALUGA o recoñecemento oficial como Organización de Produtores Pesqueiros de ámbito transnacional, quedando rexistrada como OPP-98.

Os nosos obxectivos

A continuación, os principais obxectivos de ORMALUGA – OPP98

7

Planificar e xestionar de maneira conxunta a produción e comercialización dos produtos da pesca e o marisqueo

Mellorar a rendabilidade das explotacións mediante a organización colectiva e a valorización do produto

Fomentar unha pesca sustentable, respectuosa cos recursos e o medio mariño

Contribuír á rastrexabilidade e a unha información clara e transparente para o consumidor

Representar e defender os intereses dos seus membros ante as administracións públicas e outros organismos

Loitar contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada

Favorecer a estabilidade dos mercados e o abastecemento de produtos pesqueiros de calidade

Impulsar a formación e profesionalización dos produtores e produtoras asociados

Principais actividades

Para acadar estos obxectivos, ORMALUGA desenvolve, entre outras, as actividades que figuran a continuación

  1. Elaboración e execución de plans de produción e comercialización.
  2. Coordinación da actividade extractiva dos seus membros.
  3. Seguemento de capturas, control da produción e cumprimento normativo.
  4. Mellora dos procesos de comercialización e da presenza no mercado.
  5. Colaboración con administracións públicas e organismos científicos.
  6. Accións de formación, información e asesoramento aos produtores e produtoras.
  7. Promoción de prácticas pesqueiras selectivas e de baixo impacto ambiental.