OS NOSOS PRODUTORES E AS NOSAS PRODUTORAS
ORMALUGA está formada por produtores e produtoras de pesca artesanal e marisqueo que desenvolven a súa actividade a ambos os dous lados do río Miño, no litoral de Galicia e no norte de Portugal.
A organización agrupa a 29 embarcacións con pavillón español, 4 embarcacións con pavillón portugués e 32 mariscadoras e mariscadores a pé, todos eles profesionais do sector que comparten unha mesma maneira de traballar: pesca costeira artesanal, selectiva e de baixo impacto.
Como desenvolvemos a nosa actividade
A actividade de ORMALUGA baséase exclusivamente en artes menores, con embarcacións de menos de 12 metros de eslora e técnicas tradicionais que respectan os ciclos naturais das especies e o equilibrio dos ecosistemas mariños.
Non se empregan artes de arrastre. A captura realízase mediante métodos selectivos como nasas, liñas, redes artesanais e marisqueo manual, priorizando a calidade do produto fronte ao volumen de capturas.
Donde traballamos
Os nosos produtores e produtoras faenan en:
- Augas costeiras do sur de Galicia.
- Augas do norte de Portugal.
- O Tramo Internacional do Río Miño.
Os principais portos e zonas de actividade sitúanse en A Guarda, Baiona, Vigo, Aldán-Hío e Vila Praia de Âncora, configurando un territorio pesqueiro compartido cunha fuerte identidade común.
Quen somos
ORMALUGA é unha organización de base produtiva real, formada por pequenas embarcacións familiares e mariscadoras e mariscadores que manteñen vivo un modelo de pesca ligado ao territorio, ao coñecemento tradicional e á transmisión xeracional do oficio.
A diversidade de especies capturadas e a estacionalidade da actividade reflexan unha maneira de traballar adaptada ao medio, que aposta pola sustentabilidade económica, social e ambiental do sector pesqueiro artesanal.