Ormaluga organiza o vindeiro mércores 27 de maio, en colaboración coa Confraría da Guarda e Murimar Seguros, unha charla informativa sobre os seguros para profesionais do mar.
A sesión contará coa participación de representantes de Murimar, que explicarán de maneira clara e práctica os principais aspectos relacionados coas pólizas marítimas, as coberturas e garantías, así como os pasos a seguir no caso de sufrir un sinistro.
O obxectivo desta xornada é ofrecer información útil a profesionais do sector para que teñan claro en que aspectos deben fixarse á hora de contratar un seguro e como facer unha boa xestión das súas pólizas para obter a máxima protección e tranquilidade no desenvolvemento da súa actividade.
A charla terá lugar ás 18:00 horas na Confraría da Guarda e está dirixida ás persoas asociadas e profesionais do sector pesqueiro e marisqueiro artesanal.
Esta acción enmárcase dentro da Medida 1 do PPyC de Ormaluga: Planificación e xestión da actividade pesqueira, que conta co apoio financeiro do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e da Unión Europea.